A quen vai
dirixida?
Este espazo virtual de Haters&Lovers, diríxese a calquera axente social e/o educativo que ten contacto habitual con persoas menores de idade, en calquera ámbito (familiar, educativo, sanitario, de lecer e tempo libre…)
Poden ser familias, nais e pais con fillos adolescentes, persoas que tratan con “adolescentes problemáticos” ou que conviven entre os problemas de adolescentes, docentes ou educadores que traballancos problemas da adolescencia…
Haters&Lovers quere que dentro de calquera grupo socializador (familia, escola, grupo de amigos…) sáibase detectar a violencia , (sexa do tipo que sexa) e identificar as condutas violentas cando se dan, pero tamén que se conte con ferramentas para previr esas condutas, que non só se rexéiten e castiguen, se non que se poidan ofrecer ferramentas para reverter esas situacións, recursos para o día a día, pequenos xestos que axudarán a xerar un cambio de actitude.