H&L é un programa que nace coa intención de sensibilizar, previr e realizar unha detección precoz da violencia entre nenos, nenas e adolescentes.
Fai scroll
Que é
Haters&
Lovers?
Haters&Lovers é un programa de Prevención, Detección e Intervención da Violencia entre iguais, que nace coa intención de sensibilizar, previr e realizar unha detección precoz da violencia entre nenos, nenas e adolescente (NNA).
Os NNA sofren e exercen distintos tipos de violencia e abusos, moitas veces nos lugares máis cotiáns da súa vida. Abandono, malos tratos, acoso escolar, abusos sexuais, ciberbullying… lamentablemente estes problemas son máis comúns do que imaxinamos, de feito cada vez son máis habituais as condutas e formas de relacións violentas entre os adolescentes que se naturalizan e pasan a normalizarse, por iso, ás veces son máis difíciles de recoñecer.
Neste espazo virtual, achegámonos a esta “realidade adolescente”, ás diferentes dificultades e conflitos que aparecen en nesta etapa e non nos conformamos coa etiqueta de “adolescentes problemáticos”, queremos dar un paso máis aló, porque consideramos que no uso da violencia inflúen moitos factores.
Cremos preciso visibilizar esta nova realidade, para concienciar non só a mocidade, se non tamén a esas familias, nais e pais con fillos adolescentes, profesionais da educación e da docencia e todos aqueles axentes sociais que interveñan dun xeito ou otros na sua vida, fomentando as relacións de BO TRATO, facilitando ferramentas e mostrando que existen outras formas de relacionarse.